Todas as candidaturas

Alberto Sicilia (Principia Marsupia)

Candidatura na edición do ano 2016

Alberto Sicilia

Xornalista freelance, blogueiro e tuiteiro coñecido como Principia Marsupia, natural de Cantabria, é doutor en Física Teórica pola Universidade Complutense de Madrid e completou o seu doutoramento en Física Teórica na Universidade Pierre et Marie Curie Sorbonne de París. Posteriormente, traballou como investigador na Universidade de Cambridge.

Entre outros temas escribe sobre ciencia, política e viaxes. Desde o ano 2012 colabora co diario Público e como freelance para outros medios. Nos últimos tempos desprazouse a escenarios de conflito como Gaza, Alepo ou Donetsk, desde onde analizou e narrou os acontecementos cunha prosa didáctica e sinxela. 

O Congreso de Xornalismo Dixital de Huesca premiou  o seu blog o ano pasado co premio Blasillo de Huesca 2014 pola súa labor en internet. Ten máis de 100.000 seguidores en Twitter e case 80.000 en Facebook.

Actualmente cobre a crise dos refuxiados sirios na fronteira entre Grecia e Macedonia onde esta a contar a situacion na que se atopan nos improvisados campos de refuxiados, chamando a atención sobre as condicións en que se atopaban, durmindo sobre o barro, en noites de intensa choiva, e tamén facendo moito fincapé na situación dos nenos (máis de 4.000) ou mulleres embarazadas.

Ademais de narrar e pór cara ao drama sirio, ten que loitar contra as trabas que as autoridades locais lles están a poñer a el e a outros informadores da zona. Sen ir máis lonxe, o pasado 14 de marzo foi retido en Macedonia por entrar no pais ilegalmente, e posteriormente posto en liberdade tras pagar unha multa e ser expulsado do país, xunto cos tamén xornalistas Ane Irazabal e Javier Bauluz.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.