Todas as candidaturas

Fernando Garea

Accede á votación

Fernando Garea Baragaño (Madrid, 1962), xornalista especializado en crónica parlamentaria, ten unha longa traxectoria en numerosos medios. En xullo de 2018 foi proposto polo goberno de Pedro Sánchez para presidir a Axencia EFE. Un ano e medio despois, en febreiro de 2020, o Secretario de Estado de Comunicación comunicáballe a súa destitución. No sector dos medios eran coñecidas as súas diferencias con algunhas directrices que chegaban desde o executivo á axencia.

Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a traballar en Diario 16 e posteriormente foi cronista parlamentario no xornal El Mundo e no diario Público, participando no equipo fundacional de ambos os dous xornais. De 2008 a 2017 foi correspondente parlamentario no diario El País, posto que abandonou tras desencontros co seu entón director Antonio Caño, sendo relegado á sección de reportaxes en 2017. En setembro do mesmo ano anunciou que deixaba o Grupo Prisa  tras nove anos de traballo "para seguir escribindo de política e Parlamento" e que se incorporaba a El Confidencial como adxunto ao director. Tamén foi colaborador tertuliano en diferentes debates políticos como Hoy por Hoy, Las mañanas de Cuatro ou El Programa de Ana Rosa.

En xullo de 2018 anunciouse que sería proposto polo goberno de Pedro Sánchez para presidir a Axencia EFE en substitución de José Antonio Vera. Garea pediu perdón en abril de 2019, en nome da Axencia EFE, aos exiliados e represaliados da Guerra civil española por ignoralos cando a axencia era un instrumento de propaganda. En febreiro de 2020, Pedro Sánchez destitúe a Fernando Garea como presidente da Axencia EFE. O xornalista foi informado a través do Secretario de Estado de Comunicación, Miguel Angel Oliver. No sector dos medios eran coñecidas as súas diferencias con algunhas directrices que chegaban da Moncloa desde a Secretaría de Estado de Comunicación. 

Fernando Garea destaca ademais como un firme defensor do caso Couso. 

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.