Todas as candidaturas

Lorenzo Milá

O período de votación desta edición xa rematou

Lorenzo Milá Mencos (Esplugues de Llobregat, 1960) ten unha longa traxectoria profesional como correspondente de TVE, onde ten cubertos diferentes acontecementos mundiais do mesmo xeito rigoroso e profesional. É un dos xornalistas que personalizan a mellor época de independencia do ente público como así o demostran os informativos que presentou en La 2 e en Telediario 2. Desde o 2014, é o correspondente en Italia, desde onde está a facer a cobertura profesional sobre o COVID-19.

Licenciado en Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona, a súa traxectoria profesional comezou co xornalismo deportivo en 1983 no diario Sport. Máis tarde colaborou con TVE en programas como El tiempo es oro, Juego de niños ou Plató vacío, despois do cal marchou a Londres para traballar en ScreenSport (o actual Eurosport). Regresou a TVE e de 1989 a 1994 traballou en deportes. En 1994 trasladouse a Madrid para traballar no informativo nocturno de La 2 Noticias. Neste período, foi o espazo informativo coñecido por ser o menos institucional e por ter un estilo moi persoal, polo que recibiu varios premios.

Entre 2003 e 2004 foi correspondente adxunto na delegación de TVE en Washington. Posteriormente estivo no Telediario nocturno de La 1. En 2009 marcharía de novo a Washington de esta vez como correspondente principal. En 2014 trasladouse a Roma, posto no que está actualmente.

Foi tamén presentador e moderador da maioría das edicións do programa Tengo una pregunta para usted, no que un grupo de cen cidadáns anónimos entrevista a líderes políticos invitados.

Ao longo da súa traxectoria foi obxecto de moitos recoñecementos, como o Premio Antena de Oro, os Premios ATV e varios TP de Oro.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.