Todas as candidaturas

Mavi Doñate

O período de votación desta edición xa rematou

María Victoria Doñate Herranz (Zaragoza, 1971), actual correspondente de TVE en Asia-Pacífico, mostra o seu saber informando de xeito absolutamente comprensivo para a audiencia e tendo unha disposición plena para o labor de correspondente nunha extensísima área xeográfica chea de problemas e conflitos moi específicos. Na actualidade, serve de liña informativa para todas as persoas interesadas na evolución do coronavirus, con epicentro na cidade chinesa de Wuhan.

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Navarra, comezou a súa carreira profesional en medios como a Axencia EFE, o diario Heraldo de Aragón, Onda Cero e Radio Nacional de España.

En 1997 incorpórase a Televisión Española coa creación de Canal 24 horas. Foi redactora da canle informativa até que comezou dous anos despois no Telediario, onde cubriu información de Interior e Tribunaos, Política, e xornalismo de Investigación. Desde 2008 foi reporteira da sección de Sociedad, onde se encargou da área de Investigación e Sucesos. Foi enviada especial a cumes de política de Seguranza e Inmigración no seo de la Unión Europea, a elección do Papa Francisco, catástrofes como os terremotos en Perú e Nepal, tifóns en Filipinas ou colaboradora nos programas dos encerros de San Fermín en Pamplona, entre outros.

Entre 2013 e 2014, ocupa o cargo de subdirectora da área de Sociedad dos Servizos Informativos da TVE. Desde 2015 é correspondente en Asia-Pacífico de Televisión Española. 

Compaxina o seu labor xornalístico coa docencia en universidades como a Autónoma de Barcelona ou a de Montevideo en Uruguay, ou con seminarios no Instituto de Radio Televisión Española. É tamén coeditora de libros de investigación y guións.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.