Todas as candidaturas

Mònica Bernabé

Candidatura na edición do ano 2023

Foto: Ricardogpn (CC BY-SA 3.0)

Mònica Bernabé é unha xornalista catalá coñecida especialmente polo seu traballo como correspondente en Afganistán, onde viviu case oito anos, e polo seu labor como defensora dos dereitos humanos nese país. Na actualidade, é responsábel da sección de Internacional do xornal Ara.

Mònica Bernabé Fernández (Barcelona, 1972) é licenciada en Xornalismo pola Universitat Autònoma de Barcelona. A súa grande escola foi o xornalismo local até que deu o salto a Afganistán. Visitou ese país por primeira vez no ano 2000. Despois viaxou regularmente a Afganistán cada ano até que se estabeleceu alí en 2006.

Mònica Bernabé foi correspondente freelance do diario El Mundo en Afganistán durante case oito años, entre 2006 e 2014. Durante ese tempo colaborou tamén para outros medios como Catalunya Ràdio, Canal Sur TV ou Radio France International.

En 2015 trasladouse a Italia, onde continuou a traballar como freelance para El Mundo. E en maio de 2017 incorporouse ao diario Ara como responsábel da sección de Internacional. Na actualidad é reporteira sobre temas sociais neste diario.

Mònica Bernabé continúa vinculada a Afganistán e viaxa ao país de forma regular, a última vez para cubrir a retirada das tropas internacionais e a entrada dos talibáns. No ano 2000  foi unha das fundadoras da Asociación polos Dereitos Humanos en Afganistán (ASDHA), ONG de axuda ás mulleres afganas que presidiu durante 16 anos, até que se disolveu.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.