Todas as candidaturas

Ramón Chao

Candidatura na edición do ano 2018

Ramón Chao

Ramón Chao defendeu a ultranza a liberdade de prensa ao longo de toda a súa traxectoria vital e profesional, dende os seus comezos como profesional de Radio France Internationale en París, onde tamén realizou unha permanente reivindicación da lingua e a cultura galegas, dirixindo emisións radiofónicas en galego, que no seu día chegaron a ser prohibidas pola ditadura de Franco.

Ramón Chao naceu en Vilalba en 1935. Tras marchar a París cunha bolsa, na capital francesa fíxose xornalista, entrando a traballar en Radio France “porque falaba galego”, segundo confesa, “pois buscaban un locutor que soubese música e portugués”. En 1968 foi nomeado xefe do servizo cultural en español e portugués, e en 1980, redactor xefe de todas as emisións, culturais e informativas, en ambos os dous idiomas. Dirixiu emisión radiofónicas en lingua galega, prohibidas polo ditador Franco, e foi correspondente da revista Triunfo, mantendo siempre o contacto con Galicia e con España.

Foi colaborador habitual durante décadas na prensa e na televisión francesa e foi nomeado Cabaleiro das Artes e as Letras polo Goberno de Francia en 1991. Destacou como crítico Literario en Le Monde e polas súas colaboracións en Le Monde Diplomatique, publicación mensal dirixida pol xornalista Ignacio Ramonet. Conta no seu haber con máis de vinte libros, entre novelas e biografías. Na actualidad é o presidente da Asociación Amigos de Prisciliano.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.