Todas as candidaturas

Virginia Pérez Alonso

Accede á votación
Virginia Pérez Alonso

Virginia Pérez Alonso ten unha ampla traxectoria no xornalismo, especialmente no ámbito dixital. Desde 2014 é presidenta da Plataforma en Defensa de la Libertad de Información.

Traballou en EFE e La Voz de Galicia antes de dar o salto a 20minutos, onde foi integrante do equipo que fundou a publicación no 2000 e traballou até o 2015. Entre 2008 e 2012 foi directora adxunta da edición online e desde ese ano desempeñou o posto de vicedirectora do grupo até que no 2015 abandona o cargo. A partir de 2015, coa chegada de David Jiménez á dirección de El Mundo, dirixe a edición online deste xornal, até que é subsituída en 2016. Na actualidade exerce de subdirectora de Público. 

Desde 2014 é presidenta da Plataforma en Defensa de la Libertad de Información, formada por organizacións e persoas do ámbito xurídico, do xornalismo e dos movimientos sociais preocupadas polas ameazas aos dereitos de liberdade de información e de expresión en España. No 2016 é escollida membro da xunta directiva do International Press Institute, converténdose na primeira muller española (e a primeira de fala hispana) que forma parte deste órgano. Tense destacado na loita contra os excesos producidos pola Lei Mordaza.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.