Todas as candidaturas

Xosé Hermida

Premiado na edición do ano 2017

Xosé Hermida

Xosé Andrés Vázquez Hermida (Boiro,1963) foi correspondente, subdelegado e finalmente delegado de Galicia en El País. Logo do peche da edición galega no 2015, segue a traballar para El País en Madrid e, recentemente, é nomeado delegado en Brasil.

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar como correspondente de Boiro para El Correo Gallego. Posteriormente pasou pola Radio Galega, onde dirixiu un informativo e unha tertulia, e acabou colaborando con El País. En 1989 asume a correspondencia galega do diario El País. No ano 2006, coa creación da delegación do xornal en Galicia, dirixida por Félix Monteira, é nomeado subdelegado e, a partir do 2008 coa marcha de Monteira a Madrid e até 2015, delegado de El País nesta comunidade. 

Tras o peche da edición galega de El País en 2015, trasládase a Madrid e ocupa diversos postos en varias seccións do periódico. Finalmente, a principios deste ano asume o cargo de delegado en Brasil do diario, polo que se establece en São Paulo, desde onde vai dirixir unha redacción composta por unha vintena de persoas.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.