I Premio José Couso

O gañador da primeira edición dos Premios José Couso foi o xornalista Ali Lmrabet. Condenado a tres anos de cadea (dos que foi graciosamente indultado por Mohamed VI despois de pasar oito meses no cárcere) ao consideralo culpable o 17 de xuño de 2003 dos cargos de inxurias ó Rei, "socavando a monarquía" e "ameazando a integridade do territorio nacional" en base a varios artigos, caricaturas e a unha fotomontaxe que foran publicados nas súas revistas.