Todas as candidaturas

Ali Lmrabet

Premiado na edición do ano 2005

O xornalista Ali Lmrabet foi condenado a tres anos de cadea (dos que foi graciosamente indultado por Mohamed VI despois de pasar oito meses no cárcere) ao consideralo culpable o 17 de xuño de 2003 dos cargos de inxurias ó Rei, "socavando a monarquía" e "ameazando a integridade do territorio nacional" en base a varios artigos, caricaturas e a unha fotomontaxe que foran publicados nas súas revistas.

Lmrabet, antigo embaixador en Bos Aires que chegou ao xornalismo por casualidade, como colaborador do diario Le Quotidien du Maroc, tamén foi condenado por "diseminar información falsa que socava a orde pública ou que é probable que a socave" despois de publicar un artigo sobre un pazo real en Demain Magazine o 20 de outubro de 2001.

Malia todo, mantén un forte compromiso coa liberdade de expresión nun país non demócrático e a súa actitude supón un risco para a súa integridade física. As dúas folgas de fame que mantivo deixáronlle graves secuelas físicas.

Ademais, as autoridades marroquís pecháronlle as dúas publicacións que fundou: Doumane (en árabe) e Demain Magazine (en francés).

Delegado de Reporteiros sen Fronteiras en Marrocos e colaborador de El Mundo, Lmrabet intenta abrir outras publicacións, loitando contra os obstáculos que lle están a poñer as autoridades marroquís.