Todas as candidaturas

Juan José Millás

Candidatura na edición do ano 2005

Juan José Millás é un recoñecido escritor e xornalista que sempre se mantivo activo na defensa da ética, os valores democráticos e de convivencia. Referencia do xornalismo literario, é asemade un novelista crítico que trata de amosar o revés da trama, o verdadeiro e o falso a través do humor, a paradoxa ou a ironía.

Millás traballa habitualmente en El País (para o que cubriu dúas campañas electorais do Partido Popular) e colabora coa Cadena Ser e coa revista Interviú, dende que o premio Nadal por "La Soledad era esto" lle abre as portas dos medios.