Todas as candidaturas

Luis Goytisolo

Candidatura na edición do ano 2005

Membro da Real Academia Española da Lingua dende 1994, Luis Goytisolo é un escritor comprometido co tempo que lle tocou vivir, tal e como se reflicte nas súas colaboracións co diario "El País".

Nado en Barcelona nunha familia de escritores: é irmán de José Agustín e Juan Goytisolo, comezou a escribir aos 11 anos dúas novelas á vez, unha, por gusto, sobre cuestións interplanetarias, e a outra, por diñeiro. A partir de entón foi o seu tío Luis o que lle seleccionou as lecturas e introduciulle na afección á narrativa norteamericana.