Todas as candidaturas

Servizos informativos Cadena SER

Candidatura na edición do ano 2005

Antes das eleccións lexislativas do 14 de marzo, a Cadena SER foi un dos poucos medios de comunicación que denunciou abertamente a política informativa do goberno do Partido Popular sobre os graves atentados cometidos en Madrid tres días antes, pero non se quedou só en acusacións, senón que achegou datos para tratar de tirar luz sobre uns acontecementos decisivos.

Xa sexa pola extensa cobertura informativa nunha xornada de reflexión ou pola súa clara aposta pola versión da autoría de terroristas radicais islámicos, o tratamento dos atentados dado pola Cadea SER debe ser cualificado cando menos de diferente ó do resto dos medios, o que lle fixo merecer voces eloxiosas que reivindicaban a credibilidade dos seus servizos informativos.

Como xa ocorrese durante o golpe de Estado do 23F, a Cadea SER volveu a converterse nun exemplo de xornalismo en estado puro, de información ó servizo da comunidade. O dereito á información dos ointes foi a súa prioridade.