Todas as candidaturas

Consell de l'Audiovisual de Catalunya

Candidatura na edición do ano 2006

O Consell de l'Audiovisual de Catalunya (CAC) creouse pola lei 2/2000 do Parlamento de Catalunya como autoridade reguladora dos servizos de comunicación audiovisual.

A súa finalidade é velar polo respecto dos dereitos e as liberdades, garantir o cumprimento da normativa relativa ó audiovisual, especialmente a que regula a programación e a publicidade, e asegurar o cumprimento das condicións das concesións e a observanza da normativa europea e dos tratados internacionais relativos a esta materia.

O CAC, alleo aos indicadores políticos dos diferentes gobernos, promoveu unha mesa pola diversidade para os medios audiovisuais a través dun traballo de investigación, formación e compilación de boas prácticas.