Todas as candidaturas

Robert Fisk

Candidatura na edición do ano 2006

Nado en 1946, Robert Fisk leva máis de media vida como correspondente de guerra, cubrindo as invasións israelís en Líbano, a revolución iraniana, a guerra entre Iraq e Irán, a incursión soviética en Afganistán, a guerra do Golfo, os conflictos en Bosnia e Alxeria ou as guerras de Afganistán e de Iraq.

Nas súas propias palabras, Fisk afirma que un xornalista "debe retar aos gobernantes cando estes menten, sobre todo cando menten para matar". Este especialista en Oriente Medio, que entrevistou tres veces a Osama Bin Laden, considera que o xornalista debe de ter sentido moral, arrepiarse e apuntar ao culpable se o coñece.

O correspondente de The Independent gañou un premio Pulitzer, o premio xornalístico da ONU, dúas veces o galardón de Amnistía Internacional, sete veces o premio Xornalista Británico Internacional do ano e o Premio Godó.