Todas as candidaturas

Euskaldunon Egunkaria e Gorka Landaburu

Candidatura na edición do ano 2007

O xornal Euskaldunon Egunkaria, clausurado pola Audiencia Nacional o 20 de febreiro do 2003, e liquidado en outubro do 2005, sen a existencia de ningunha sentencia condenatoria de por medio, constitúe un paradigma da vulneración de dereitos fundamentais por parte das institucións dun estado de dereito, tales como o dereito a liberdade de expresión ou o dereito dos cidadáns a recibir informacións plurais, ambos protexidos pola Constitución de 1978.

O xornalista Gorka Landaburu naceu en París no 1946, durante o exilio do seu pai, ex-vicelehendakari do Goberno vasco. Cursou estudos en Francia e instalouse en España no 1972, exercendo como profesor de francés en varias escolas. Landaburu participou na coordinadora Gesto por la Paz e preside o Grupo Vasco de Víctimas del Terrorismo. En febreiro do 2006, Gorka Landuburu asinou o manifesto ‘Sí en nuestro nombre, sí a que se busque la paz’, no que defendía o diálogo entre o Goberno español e ETA. Leva 30 anos traballando no xornalismo e na actualidade é director do semanario Cambio 16 e de Alkadeta (o Cambio 16 en euskera). É ademais vicepresidente da sociedade editora de Cambio 16 e dirixe a axencia de información Espacio de Información General.
No ano 2001 foi víctima dun atentado da banda terrorista ETA, principal motivo polo o seu nome se inclúe nesta candidatura.

Con esta candidatura conxunta preténdese recoñecer o complexo traballo dos xornalistas vascos.