Todas as candidaturas

Jon Lee Anderson

Premiado na edición do ano 2007

Nado en California (EEUU) en 1957, foi criado e educado en Corea do Sur, Colombia, Taiwán, Indonesia, Liberia, Inglaterra e Estados Unidos. Asistiu á Universidade de Florida (1975-1977). É Mestre do cadro de profesionais permanente da Fundación Nuevo Periodismo Iberoamericano, fundado por Gabriel García Márquez, con sede en Cartagena de Indias, Colombia.

Residiu no Perú, Honduras, El Salvador, Cuba, Washington D.C, Nova York e Granada, España. Actualmente vive en Dorset, Inglaterra. É un dos grandes cronistas de The New Yorker.

Dende hai varios anos, Anderson é Mestre do cadro de profesionais permanente da Fundación Nuevo Periodismo Iberoamericano, fundado por Gabriel García Márquez, con sede en Cartagena de Indias, Colombia.

Poñerse na pel dos outros é un xeito, para Anderson, de comprender que moitas veces todos teñen unha razón para actuar. Non trata de resolver os conflictos, senón de explicalos para que os lectores nos fagamos unha composición de lugar con claros elementos de xuízo de quen viviu na propia pel a crudeza deses conflictos, ou das transformacións sociais que estamos a vivir en distintos puntos do panorama internacional.