Todas as candidaturas

Marisa Flórez e Queca Campillo

Candidatura na edición do ano 2007

Fotógrafas que crearon, coas súas imaxes, a súa particular visión da Transición, capturando instantes que forman parte da nosa memoria.

Nas revistas Times, Der Spiegel, Paris Match e na española Tiempo, Queca Campillo amosou o seu traballo realizado acompañando ás personalidades da política e da sociedade española dos últimos trinta anos. Queca Campillo comezou a súa carreira profesional na época da Transición. Miradas como a súa aportaron unha visión nova á reportaxe gráfica.

Marisa Flórez comezou a traballar con 23 anos no diario Informaciones. No ano 1976 pasa a formar parte da grella de El País, xornal no que sigue traballando actualmente como responsable de fotografía. Especializada no Parlamento, foi cubrindo unha a unha tódalas lexislaturas: A Pasionaria, Carrillo, Blas Piñar, Alberti, Fraga, Suárez... son parte das personalidades que retrataron eses anos de cambio e apertura política.

Fotógrafas como Marisa Flórez ou Queca Campillo que crearon, coas súas imaxes, a súa particular visión da Transición, capturando instantes que forman parte da nosa memoria.