Todas as candidaturas

Soledad Gallego - Díaz

Candidatura na edición do ano 2008

Chegou a El País inmediatamente despois da súa fundación como colaboradora de política, compaxinándoo con "Cuadernos" ata que se incorporou de cheo á sección política. Foi cronista política e parlamentaria ata que a finais de 1979 marchou como correspondente a Bruselas. Despois foi correspondente en Londres e en París.

Naceu en Madrid en 1951, filla dunha cubana que tivo a ocorrencia de vir a España en 1936 a pasar unhas vacacións e dun xienense, matemático e comunista. Cando era pequena viviu coa súa familia un ano en Palo Alto (California) e outro en Nashville.

Estudiou xornalismo na Escuela Oficial de Madrid e algúns anos de Filosofía e Letras na Complutense. Empezou a traballar aos 19 anos na axencia Pyresa (de Prensa del Movimiento). Despedírona por participar nunha folga "en defensa da profesión". Pasou a Cuadernos para el Diálogo, que por esa época íase converter nun semanario de información xeral, e permaneceu alí ata o seu peche.

Chegou a El País inmediatamente despois da súa fundación como colaboradora de política, compaxinándoo con "Cuadernos" ata que se incorporou de cheo á sección política. Foi cronista política e parlamentaria ata que a finais de 1979 marchou como correspondente a Bruselas. Despois foi correspondente en Londres e en París.

De volta a Madrid, oito anos despois, foi nomeada primeiro subdirectora e logo directora adxunta, cargo que exerceu durante cinco anos. Despois diso voltou a Estados Unidos, como correspondente en New York.

Ó seu regreso foi nomeada Defensora del Lector e especializouse en temas europeos. Volveu exercer de directora adxunta para reorganizar os productos do periódico en domingo, día no que precisamente publica a súa columna de análise política.