Todas as candidaturas

Nikos C. Megrelis

Candidatura na edición do ano 2013

Xornalista e realizador grego nado en Xénova, Italia, en 1957. É licenciado en Estatística pola Universidade de O Pireo (Grecia). Actualmente é director de Ertworld, canle satélite da cadea de televisión pública grega de radiodifusión mundial.

É xornalista profesional desde febreiro de 1980. A súa carreira comezou en prestixiosos xornais gregos: To Vima e Ta Nea (1980-1989), Proti (1989-1991), Isotimia (1995-1997) -periódico financeiro semanal-, Press Time (2006-2007) e Ethnos (2005-2006).

Foi tamén editor xefe, diplomático e político, redactor, analista e presentador de programas de actualidade nas principais cadeas de televisión privadas gregas: Mega (1990-1992) e Antena (1992-1999), e asociado de Redacción da revista líder inglesa Odyssey (1999 -2004). Produtor e presentador do programa semanal de noticias do prime time 50 Leptá da televisión pública grega NET (2001-2004). Especializado en temas de política exterior e asuntos internacionais con ampla experiencia en asuntos da Unión Europea.

Durante a súa carreira profesional entrevistou ás principais figuras políticas e históricas: Isabel Allende, Yasser Arafat, Delores Zak, Giorgio Napolitano, Richard Holbrooke, Zifkof Theodor, Abdulah Gul e moitas outras destacadas personalidades.
internacionais. A súa entrevista con Suleiman Demirel, presidente de Turquía durante a crise de Imia en 1996, cando Grecia e Turquía estaban ao borde da guerra, converteuse nun punto de referencia para a mellora das relacións entre os dous
países.

Así mesmo, produciu numerosos documentais, entre eles Chile, Cuba, O fenómeno neonazi en Grecia e Europa e O asasinato do primeiro ministro sueco Olof Palme.

En 2011 dirixe a súa película documental Shooting vs Shooting, emitida no cine. O documental trata sobre periodistas mortos en Iraq desde a invasión estadounidense ata hai ben pouco.

Recibiu varios premios: o premio máis prestixioso grego, o da Fundación Botsis, "pola calidade dos seus programas de televisión"; premio europeo Comenius Euro, polo seu documental televisivo sobre o naufraxio do Prestige e o desastre ecolóxico causado na costa de España; el premio K. Kalligas da Asociación de Periodistas Europeos, pola súa "ética profesional e orientación europea no periodismo".

En maio de 2004 foi elixido membro do Comité Executivo da Federación Internacional de Xornalistas.