V Premio José Couso

A gañadora desta edición foi Rosa María Calaf, a correspondente máis veterana de TVE. Desde o seu ingreso en Radiotelevisión Española en 1970, traballou como xornalista radiofónica e a partir de 1976 colaborou con magazines e programas como 300 millones, que lle permitiu viaxar por toda América Latina. En 1983 pasa por Televisió de Catalunya durante a súa etapa fundacional para exercer como directora de programación e de produción. Pero a súa traxectoria está marcada polas correspondencias de TVE.