Todas as candidaturas

José Cendón

Candidatura na edición do ano 2009

José Manuel Cendón Docampo (1974) é un fotógrafo español, nacido en Venezuela. Dende 2002 ata 2004 traballou de forma independente en Colombia, Venezuela, Israel e os territorios palestinos, e en 2004 colaborou durante sete meses para Associated Press en Darfur (Sudán). Dende entón, traballa como freelance de xeito habitual para a axencia France Presse (AFP), onde o seu traballo en centros de saúde mental da rexión africana dos Grandes Lagos fíxolle gañar en 2007 dous prestixiosos premios de fotografía: o World Press Photo e o Pictures of the Year.

José Manuel Cendón Docampo (1974) é un fotógrafo español, nacido en Venezuela, onde os seus pais emigraran, que traballa como freelance. Tras o retorno dos seus pais á súa Galicia natal, José Cendón creceu en Santiago de Compostela. Estudou Económicas, sen finalizalas e Xornalismo (obtendo a súa licenciatura na Universidade Carlos III de Madrid), ao tempo que estudaba nunha academia de cinema, antes de traballar como fotógrafo profesional.

Dende 2002 ata 2004 traballou de forma independente en Colombia, Venezuela, Israel e os territorios palestinos, e en 2004 colaborou durante sete meses para Associated Press en Darfur (Sudán). Dende entón, traballa como freelance de xeito habitual para a axencia France Presse (AFP), onde o seu traballo en centros de saúde mental da rexión africana dos Grandes Lagos fíxolle gañar en 2007 dous prestixiosos premios de fotografía: o World Press Photo e o Pictures of the Year.

Actualmente vive en Etiopía (Adís Abeba) onde traballa para a axencia France Press e dende onde realizaba a cobertura fotográfica para AFP desa zona (Ruanda, Uganda, Burundi e a República Democrática do Congo). O 26 de novembro de 2008 foi secuestrado xunto a outras persoas, dous guías e outro xornalista británico, Colin Freeman, en Somalia, na cidade de Bosasso, a capital económica da rexión de Puntlandia, mentres cubría a información respecto á pirataría no país. Cendón e Freeman foron liberados sans e salvos o 4 de xaneiro de 2009.