Todas as candidaturas

Roberto Saviano

Candidatura na edición do ano 2009

Naceu en Nápoles o 22 de setembro de 1979. Licenciado en Filosofía pola Università degli Studi di Napoli "Federico II". Colabora con L'Espresso e La Repubblica. Saviano saltou á fama en 2006 coa publicación de Gomorra, no que describen os negocios da Camorra. A gran repercusión do libro -con máis dun millón de exemplares vendidos- provocou unha reapertura do debate sobre o crime organizado en Italia e valeulle a Saviano ameazas de morte das familias camorristas.

O Ministerio do Interior italiano proporciona unha escolta permanente ao escritor, que foi calificado por Umberto Eco como heroe nacional. Decidiu abandonar Italia despois de que a prensa desvelase o 14 de outubro de 2008 que o clan dos Casalesi tiña previsto asasinalo a el e ao seu escolta nun atentado espectacular antes de Nadal.

Ademais de "Gomorra. Viaggio nell'impero economico e nel sogno di dominio della camorra" (Arnoldo Mondadori Editore, Milan, 2006), editado en español co título de "Gomorra" (Editorial Debate 2007), Saviano ten publicado "Il contrario della morte" (Corriere della Sera, Milan, 2007).

Tamén escribiu xunto ao rapeiro napolitano Lucariello, membro do grupo Almamegretta, Cappotto dei legno, unha canción, con música de Ezio Bosso, na que se describe a historia dun sicario que se prepara para asasinar ao mesmo Saviano.

Colaborou no guión de Gomorra (2008), do director italiano Matteo Garrone. A película gañou o Gran Premio no Festival de Cannes de 2008, así como o premio Città dei Roma Arcobaleno Latino 2008.

Entre seus últimos artigos están "La corruzione inconsapevole che affonda il Paese" (La Repubblica), "Da Gomorra a Stoccolma io e i fantasmi dei Nobel" (La Repubblica), "Siamo tutti casalesi" (L'Espresso), "Lettera alla mia terra" (La Repubblica), "Tatanka Skatenato" (L'Espresso) e "Se un voto si compra con cinquanta euro" (La Repubblica).