VI Premio José Couso

Os gañadores desta edición foron Daniel Anido e Rodolfo Irago, que enfrontaron unha discutida sentencia do maxistrado-xuíz Ricardo Rodríguez Fernández que os condena a un ano e nove meses de prisión e penas accesorias de inhabilitación especial para a dirección de medios de comunicación e o exercizo da actividade xornalística e a inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo que dure a pena privativa da liberdade imposta por "revelación de secretos".