Todas as candidaturas

Enric González

Candidatura na edición do ano 2010

Xornalista e escritor, naceu en Barcelona no ano 1959. Como correspondente do diario El País, viviu en Londres, París e nas cidades estadounidenses de Washington e Nova York.

Cun estilo persoal e inconfundible, no ano 1999 publicou Historias de Londres. O compromiso de escribir este libro xurdiu durante o tempo que permaneceu como correspondente do diario madrileño, no que relata historias e anécdotas, dividido en capítulos tan heteroxéneos como a minuciosa análise da organización sanitaria até os lugares máis populares de Londres.

Escribiu diariamente en El País na sección adicada ao mundo da comunicación. Esta sección, encabezada co título Cosa de dos, era compartida co crítico de cinema e amigo do xornalista Carlos Boyero. De luns a venres, Enric González facía un breve comentario sobre o que aparece na televisión, ou sobre a súa visión acerca de calquera tema candente da actualidade.

Publicou no ano 2006 Historias de Nueva York coa editorial RBA, na que o autor se mergulla polas rúas, bares, restaurantes e as xentes que a habitan, onde a amalgama de idiomas é tanta como o propio universo. Polas súas páxinas desfilan historias, sazonadas con algúns recordos persoais.

Nas librarías pódense atopar tres obras que levan a súa firma, e que ligan definitivamente a traxectoria profesional do autor á súa produtividade literaria. Tras publicar Historias de Nueva York e Historias de Londres, cidades nas que traballou como correspondente para El País, en novembro de 2007 saíu á venda o libro Historias del calcio, unha recompilación dos artigos que cada luns iluminaron as páxinas de deportes durante a súa estancia en Roma.

Sen seguir un patrón determinado, baixo unha aparencia anárquica e desordenada, no que as pezas sempre acaban fiándose antes ou despois, Enric González escribe crónicas, historias, comentarios coa ironía e o escepticismo como bandeira e principal recurso, preferindo sempre insinuar o quiz da cuestión, de maneira socarrona e burlona, a desmenuzalo crudamente. El describiríao mellor. Nos tempos nos que o nome Cassano evocase a un gordo pallaso que pasou sen deixar nada que destacase no Real Madrid, Cassano era un novo pallaso que maravillaba ao mundo do calcio, entre outros a Enric González. Baixo o título Antonio Cassano, poeta, o brillante columnista compara o mundo da literatura co do fútbol baixo o seu inconfundible selo.

En novembro de 2009 deixou de escribir a súa columna en El País para cubrir unha correspondencia en Xerusalén.

Recibiu o Premio Cirilo Rodríguez, que recoñece o mellor labor dos correspondentes españois fóra das nosas fronteiras.

En 2009 foi premiado na XXVI edición do Premio de Periodismo Francisco Cerecedo que concede a Asociación de Periodistas Europeos (APE).

Foi premiado recentemente co Premio de Xornalismo Ciutat de Barcelona.