Todas as candidaturas

César Hildebrandt

Candidatura na edición do ano 2011

César Hildebrandt Pérez Treviño, Lima - 1948, está considerado un dos xornalistas máis importantes do Perú dos últimos trinta anos e un dos de maior credibilidade. Os seus primeiros pasos foron nos diarios 'Expreso', 'Correo' e 'Última hora'.

Foi xefe de informativos no semanario 'Caretas' e dirixiu a revista 'Si' e o periódico 'Liberación'. Na televisión presentou os programas máis importantes de xornalismo político e tamén en radio.

Con Alan García Pérez no poder, César Hildebrandt é censurado polo goberno e toda a súa contorna mediática. O xornalista denuncia a corrupción e a súa evidente alianza entre García e sectores do fujimorismo. É relegado da televisión e a radio.

Emprende unha cruzada, como en tempos da ditadura, por internet e as redes sociais, para impulsar un novo proxecto de xornalismo independente. Así o 23 de abril de 2010 retorna ao xornalismo escrito co primeiro número do semanario 'Hildebrandt en sus trece' que a día de hoxe segue mantendo a súa independencia. Non ten publicidade debido á autocensura dos anunciantes por temor ao goberno e o seu financiamento é exclusivamente dos seus lectores e seguidores.