Todas as candidaturas

Rachid Nini

Candidatura na edición do ano 2012

Rachid Nini naceu o 16 de outubro de 1970 en Ben Slimane (Marrocos). Estudou literatura árabe na Facultade de Artes e Humanidades Mohammedia (diploma da lingua árabe en 1993 e Diploma de Posgrao en poesía árabe en 1994).

En 1992, colaborou co xornal Al Alam. En 1997 puxo en marcha un xornal en lingua amazigh (bereber) chamado Awal (palabras) do que se publicaron 3 números.

Ese ano, Nini emigrou clandestinamente ao levante español, onde aprendeu o castelán e escribiu un libro, Diario dun ilegal, sobre esa experiencia. Está casado cunha española, coa que ten unha nena de 11 anos.

De volta a Marrocos, traballa na cadea de televisión 2M como presentador do espectáculo Nostaljia. En 2000, participou coa súa columna diaria Chouf tchouf no xornal Assabah. No ano 2006 decidiu crear o seu propio xornal Al Massae, onde continúa a súa columna co mesmo ton crítico e libre. Al Massae é o xornal con máis tirada e máis lectores de Marruecos.

Á cabeza do diario Al Massae, o primeiro título da prensa marroquí, Rachid Niny chegou a ser coñecido a través das súas columnas. O xornalista, unha das poucas voces críticas no panorama de medios de comunicación marroquís, constantemente denunciou nas súas columnas a inxustiza, a represión e a corrupción das elites.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.