Todas as candidaturas

Xornalistas que informan do conflicto en Siria

Candidatura na edición do ano 2012

Esta candidatura pretenden recoñecer o traballo que están a realizar os xornalistas que informan do conflicto sirio que xa se cobrou dúas vidas a da reporteira do 'Sunday Times' Marie Colvin e ao fotógrafo francés Rémi Ochlik, colaborador da revista 'Paris Match'. Edith Bouvier, William Daniel, Paul Conroy, Javier Espinosa foron algúns dos xornalistas que se viron atrapados na cidade de Homs durante as revoltas.

Quere facerse extensible aos Comites Locais de Coordinación que naceron espontaneamente e están formados por activistas a favor dos dereitos humanos e xornalistas locais que informan desde a maioría de cidades e pobos de Siria.

Edith Bouvier, William Daniel, Paul Conroy, Javier Espinosa foron algúns dos xornalistas que durante as revoltas en Siria quedaron atrapados en Homs, en Baba Amr, o distrito rebelde da cidade de Homs que foi asediado polo exército de Bachar el Asad.

O correspondente de El Mundo Javier Espinosa conseguiu saír de Siria tras sobrevivir ao ataque que se cobrou a vida da estadounidense Marie Colvin e o francés Rémi Ochlik.

Os xornalistas franceses Edith Bouvier (Le Figaro) e William Daniels, dixeron que sentiron obxectivo dos bombardeos do exército "Tiñamos a impresión de que eramos o obxectivo directo" dos seus obuses. Precisaron que cando tentaban saír do edificio ao que se dirixían os obuses, un dos que caeu na rúa foi o que matou á reporteira do 'Sunday Times' Marie Colvin e ao fotógrafo francés Rémi Ochlik, colaborador da revista 'Paris Match', e feriu a Bouvier nunha perna.

Os dous profesionais da información franceses denunciaron a negativa das autoridades sirias a que entón unha ambulancia da Cruz Vermella Internacional puidese achegarse a eles para transportalos a un hospital, e justificaron a súa desconfianza dos servizos oficiais de emerxencia sirios.

Máis tarde tentáronos sacar xunto ao xornalista español de El Mundo Javier Espinosa e ao británico Paul Conroy de Baba Amr por uns túneles polos que os rebeldes evacuaban a outro feridos, pero a operación viuse abortada aparentemente por un ataque do exército sirio. Finalmente, os xornalistas europeos poideron ser rescatados e trasladados ao Líbano.

Esta candidatura preséntase de modo conxunto cos Comités Locais de Coordinación que naceron espontaneamente tras o inicio da revolución siria en marzo do ano pasado, están formados por activistas a favor dos dereitos humanos e xornalistas locais que informan desde a maioría de cidades e pobos de Siria. Os comités publican as noticias na súa páxina web en inglés e colgan as fotografías e os vídeos en Facebook e un fotoblog.