Todas as candidaturas

Olga Rodríguez

Candidatura na edición do ano 2016

Olga Rodríguez

Olga Rodríguez Francisco (León, 1975) é unha xornalista e escritora especializada en información internacional, Oriente Medio e Dereitos Humanos. É licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e Especialista Universitaria en Contenciosos de Oriente Próximo na UNED.

Traballou na Cadena SER, en Cuatro e en CNN+, e realizou colaboracións con El País, diario Público, Periodismo Humano e Radio Nacional de España. É cofundadora de eldiario.es, un dos xornais online más lidos en España, onde traballa como adxunta ao Director e como coordinadora da sección Desalambre, especializada en Dereitos Humanos. 

Destaca polo seu xornalismo comprometido cos Dereitos Humanos e pola denuncia das violacións contra os mesmos, tanto en Oriente Medio como en España e outros países, o que lle valeu varios premios de prestixio.

Foi reporteira en Bagdad durante toda a invasión de Iraq do 2003, desde onde achegou as súas crónicas radiofónicas diarias para a Cadena SER. Estivo aloxada no Hotel Palestine de Bagdad, desde onde presenciou o ataque estadounidense a ese hotel que acabou coa vida do cámara español José Couso e do xornalista ucraíno Taras Protsyuk. Desde aquela, xunto con outros compañeiros de profesión, traballou activamente na busca dunha investigación independente en torno ao asasinato de Couso. Como testemuña directa do acontecido, declarou en dúas ocasións na Audiencia Nacional, xunto cos xornalistas Jon Sistiaga e Carlos Hernández.

Cubriu conflitos en Líbano, Afganistán, Iraq, os Territorios Ocupados Palestinos, Israel ou Iemen. Coas historias de persoas que coñeceu na rexión, e cuxa biografía contén a Historia da zona, escribió o libro El hombre mojado no teme la lluvia. Voces de Oriente Medio (Debate, 2009), que recibiu grandes críticas e que vai pola sexta edición. En 2011 cubriu as revoltas árabes con base en Exipto, e despois diso escribiu o libro Yo muero hoy. Las revueltas en el mundo árabe (Debate, 2012).

Actualmente esta involucrada na cobertura da tráxica situación dos refuxiados sirios, atrapados nas fronteiras, desplazándose até Hungría para contarnos de primeira man esta inhumana situación.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.