Todas as candidaturas

Julia Otero

Premiado na edición do ano 2018

Julia Otero

Julia Otero ten unha extensa carreira profesional vinculada principalmente á radio, aínda que tamén é salientable a súa etapa na televisión. Ao longo dos seus anos como xornalista, destacou pola defensa da liberdade de prensa e pola defensa da información rigorosa e contrastada. Os seus catro premios Ondas, entre outros galardóns, a sitúan como unha das xornalistas de maior recoñecemento na actualidade.

Julia María Otero Pérez naceu en Monforte de Lemos en 1959.  A súa chegada á radio foi de forma casual e a idade de 17 anos, na emisora Radio Sabadell. Pasou por Radio Juventud e por Radio Miramar, ambas de Barcelona. A súa carreira en televisión se inicia paralelamente no ano 1987 mentres continúa na radio durante un tempo. Nos seguintes anos aparece en varios programas todos eles ligados a Televisión Española. En 1991 volve á radio, a Onda Cero con La Radio de Julia, ata que en 1999, a ONCE vende a emisora ao Grupo Telefónica que decide retirar o seu programa a pesar de ser líder de audiencia, o que causou bastante polémica dado que se atribuía a cuestións políticas.

Máis tarde volvería á televisión, a TV3 e a TVE.  De xaneiro de 2006 a xullo de 2007 dirixiu e presentou Protagonistas no seu último tramo. Pero en setembro de 2007 volveu a Onda Cero. Dende entón presenta e dirixe o programa Julia en la onda, combinando algunhas aparicións en TVE e Antena 3. Ten recibido numerosos galardóns tanto polo seu traballo en radio como en televisión, entre eles catro Premios Ondas, dous Micrófonos de Ouro, un Antena de Ouro, dous TP de Ouro ou o Premio Ciutat de Badalona de Comunicación.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.