Fran Sevilla
Fran Sevilla é un xornalista radiofónico madrileño especializado na información de guerra en todo o mundo. Tras unha etapa na que traballou como freelance, en 1988 entrou como redactor en Radio Nacional de España, desde onde informou dos conflitos do Golfo Pérsico, a antiga Iugoslavia, Afganistán, Iraq, Ucraína ou Gaza, entre moitos outros. O seu labor xornalístico tense caracterizado pola defensa dos máis débiles e dos dereitos humanos.