Pablo González
Pablo González é un xornalista e politólogo vasco especializado na información da órbita ex soviética. A finais de febreiro de 2022 foi detido en Przemysl, onde cubría a crise de refuxiados ucraínos, polos servizos secretos poloneses. Desde aquela, leva máis de dous anos en prisión preventiva nese país, actualmente no cárcere de alta seguridade de Radom, sen que se presentara ningún cargo formal contra el.