Jordi Évole gaña o XI Premio José Couso de Liberdade de Prensa
O xornalista e presentador Jordi Évole foi proclamado hoxe gañador da XI Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que, un ano máis, organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’. O fallo deuse a coñecer esta mañá na sede de la Caixa na Coruña, nun acto que contou coa intervención do propio premiado en conferencia telefónica.