
Lorenzo Milá gaña o XVI Premio José Couso de Liberdade de Prensa
O xornalista Lorenzo Milá obtivo o XVI Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.
O xornalista Lorenzo Milá obtivo o XVI Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.
Tres candidaturas concorren ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, na súa décimo sexta edición: a actual correspondente de Televisión Española en Asia-Pacífico, Mavi Doñate; o recentemente cesado como director da Axencia Efe, Fernando Garea; e Lorenzo Milá, correspondente tamén de Televisión Española, neste caso en Roma.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol abren a convocatoria da décimo sexta edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Pódense presentar candidaturas ao galardón desde hoxe ata o vindeiro venres 28 de febreiro ás 14:00 horas.
Os comunicadores da CRTVG Tati Moyano e Carlos Jiménez, en representación de Defende A Galega, recollen hoxe en Ferrol o XV Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. Jiménez asegurou que a de Defende A Galega "é unha reivindicacion de toda a sociedade, e este premio é unha forma de visibilizala".
O noso futuro como xornalistas esvaécese incluso antes de nacer. Esta sentenza está gravada a lume na memoria de todos aqueles que decidimos estudar Xornalismo ou Comunicación nun dos momentos máis delicados para ambas profesións. Á revolución do dixital uníuselle unha crise económica voraz que foi sinalada como a culpable de boa parte dos males dos que adoece este oficio. Enmascarados tras denominacións eufemísticas que non buscaban máis que edulcorar a realidade, asistimos a despedimentos, baixadas de salario e reaxustes nos cadros de persoal. Vimos, de primeira man, como decenas de medios poñían o punto e final á súa historia e como, outros moitos, atopaban na contratación de bolseiros unha vía para paliar a súa crítica situación financeira.
#DefendeAGalega, a mobilización semanal dos traballadores dos medios públicos galegos, vén de gañar a XV Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. O fallo deuse a coñecer esta mañá no Centro Torrente Ballester de Ferrol.
Catro candidaturas concorren este ano ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol: a xornalista de The Guardian Carole Cadwallar, os traballadores dos medios públicos galegos mobilizados baixo o lema #DefendeAGalega, os medios afectados pola intervención do caso Cursach (Diario de Mallorca e as delegacións en Palma de Europa Press e Efe) e Juan Moreno, o xornalista español que desvelou a fraude de Claas Relotius en Der Spiegel.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol convocan unha nova edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata as 14:00 horas do luns 25 de febreiro.