Lydia Cacho, Daria Chultsova e Katerina Bakhválova, a Plataforma na Defensa da Liberdade de Información e Manuel Rico, candidatos ao XVII Premio Couso
Catro candidaturas concorren ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, na súa décimo sétima edición: a xornalista, activista e escritora mexicana Lydia Cacho; as informadoras bielorrusas condenadas recentemente a dous anos de cadea Daria Chultsova e Katerina Bakhválova; a Plataforma na Defensa da Liberdade de Información, que agrupa organizacións e persoas do ámbito xurídico, do xornalismo e dos movementos sociais; e Manuel Rico, actual director de investigación do InfoLibre, cunha longa traxectoria no xornalismo de investigación.