Aberta a convocatoria do IV premio 'José Couso' á Liberdade de Prensa
O Club de Prensa de Ferrol e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Caixanova, presentaron hoxe na cidade naval a IV edición do Premio 'José Couso' á Liberdade de Prensa, que rende homenaxe ao cámara ferrolán asasinado durante a guerra de Iraq en abril do 2003.