Familiares e amigos de Couso esixen xustiza 4 anos e medio despois da súa morte
Amigos e familiares de José Couso concentráronse onte fronte á Embaixada de Estados Unidos, como todos os oito de cada mes, para esixir xustiza, catro anos e medio despois da morte do cámara de televisión no hotel Palestina de Bagdad, no 2003.