#DefendeAGalega gaña a XV edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa
#DefendeAGalega, a mobilización semanal dos traballadores dos medios públicos galegos, vén de gañar a XV Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. O fallo deuse a coñecer esta mañá no Centro Torrente Ballester de Ferrol.