Xosé Hermida, gañador da XIII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa
O xornalista galego Xosé Hermida é o gañador da XIII Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. O fallo deuse a coñecer esta mañá no Centro Torrente Ballester de Ferrol.