Todas as novas

Le Monde Diplomatique, II Premio Xosé Couso de Liberdade de Prensa

Aproveitando a celebración do Día Mundial da Liberdade de Prensa, o Colexio Profesional de Xornalistas, o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova proclamaron hoxe ao xornal Le Monde Diplomatique gañador do II Premio Xosé Couso de Liberdade de Prensa. A organización sinala deste xeito a Le Monde Diplomatique pola súa "defensa da liberdade de prensa e polo seu empeño en facer un xornalismo rigoroso e independente das presións políticas e económicas".