Todas as novas

O CPXG, o Club de Prensa e Caixanova crean o premio José Couso

A Sede de Caixanova en Vigo acolleu onte a presentación do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, unha iniciativa desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, que conta co apoio económico de Caixanova. O obxectivo do galardón é recoñecer e difundir o traballo dunha persoa ou institución destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.