Todas as novas

Preséntase a sexta edición do Premio José Couso

Este venres 15 de Xaneiro vai presentarse a sexta edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia, o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova. A presentación vai ter comezo ás 12:30 da mañá na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 32-33) e vai contar coa presenza de Xan Morales Somoza, Presidente do Club de Prensa de Ferrol; Xosé Manuel Pereiro, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e José Ulfe Bugallo, Director de Comarca de Ferrol de Caixanova.

O obxectivo do Premio José Couso, consistente nunha estatuiña do escultor Manuel Patinha titulada Ás Ceibes, é recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

CPXG