Todas as novas

Preséntase a VII Edición do Premio José Couso

Mañá martes 15 de febreiro vai presentarse a septima edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia, o Club de Prensa de Ferrol e Novacaixagalicia. A presentación vai comezar ás 12:30 da mañá na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 32-33).

O obxectivo do Premio José Couso, consistente nunha estatuiña do escultor Manuel Patinha titulada Ás Ceibes, é recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

CPXG