Todas as novas

Preséntase a VIII edición do Premio José Couso

Este xoves 16 de febreiro vai ter lugar a presentación da VIII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración da Obra Social "la Caixa". A presentación vai comezar ás 12:30 da mañá na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 32-33) e vai contar coa presenza de Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas, Xan Morales Somoza, presidente do Club de Prensa de Ferrol e Ignacio Pascual Reparaz, responsable de Institucións de "la Caixa" na Coruña

O obxectivo do Premio José Couso, consistente nunha estatuiña do escultor Manuel Patinha titulada Ás Ceibes, é recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

CPXG