Todas as novas

Rosa María Calaf: 'agora temos que loitar para que o futuro non nos cambie'

A xornalista catalá Rosa María Calaf, a que ata a súa prexubilación en Televisión Española foi unha das máis emblemáticas corresponsais da cadea pública, recibiu onte no teatro Jofre a quinta edición do Premio José Couso na Liberdade de Prensa. Un galardón que conceden conxuntamente o Club de Prensa de Ferrol e o Colexio de Xornalistas de Galicia, co patrocinio de Caixanova. «Agora temos que loitar para que o futuro non nos cambie», sinalou Rosa María Calaf, durante o acto, nun discurso no que reivindicou a liberdade e a defensa da verdade como horizontes da profesión xornalística.