Todas as novas

Rosa María Calaf: 'O control era político, agora é económico'

Rosa María Calaf, a corresponsal catalá de RTVE, recibiu esta noite en Ferrol o V premio «José Couso» á Liberdade de Prensa que anualmente outorgan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración de Caixanova, pola súa traxectoria profesional e defendeu o dereito do cidadán a unha información libre e veraz.