Todas as novas

Rosa Maria Calaf recolle o Premio José Couso en vésperas do Día Internacional para a Liberdade de Prensa.

Rosa Maria Calaf, a veterana corresponsal de RTVE que hoxe preside o Centro Internacional de Prensa de Barcelona (CIPB), recibiu en Ferrol o V Premio José Couso á Liberdade de Prensa, que anualmente outorgan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol en colaboración con Caixanova. Calaf defendeu o dereito do cidadán a unha información libre e veraz. "O control era político, agora é económico. Xa non hai censión. A censura é máis sutil, segundo a lei do mercado e as audiencias", declarou a veterana xornalista.