Todas as novas

Rosa María Calaf: 'Tanta prexubilación é un erro, os mozos necesitannos como referentes'

Rosa María Calaf destila "reporterismo" por todos os seus poros. Non importa que o pasado 31 de decembro se despedise dos seus case 40 anos como corresponsal de Televisión Española. Mantén o espírito inquedo, a necesidade de viaxar e de informar, intactas. A xornalista recibiu onte en Ferrol o V Premio José Couso á Liberdade de Prensa, que outorgan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.