XX Premio José Couso de liberdade de prensa

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol crearon este premio en memoria do cámara ferrolán José Couso, disparado no Hotel Palestina de Bagdad o 8 de abril de 2003, mentres cubría o conflicto bélico en Iraq para os informativos de Tele 5.

Os organizadores queren personalizar na súa figura a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.

As candidaturas

As propostas deste ano foron feitas por colexiados do CPXG, asociados do Club de Prensa de Ferrol e por entidades e persoas relacionadas coa comunicación. Saber máis

Últimas novas sobre o premio