XIX Premio José Couso
O premiado desta edición foi Marcos Méndez Moreira (Lugo,1976), comunicador lucense que percorreu os cinco continentes por motivos laborais e, actualmente, está centrado na cobertura da guerra de Ucraína para diferentes medios de comunicación, tanto escritos como audiovisuais, como xornalista independente. É dos poucos xornalistas que cubre o conflito bélico en galego.